Libro de familia
Capítulo 41: Un anxo no galiñeiro
Marisiña está desconcertada, un anxo apareceuselle no galiñeiro e cre que baixou do ceo para anunciarlle o seu preñamento. Crendo que está embarazada, cóntallo a Sara quen lle dí que debe comunicarllo a Elías para que se responsabilice. Pero Elías non está disposto a cargar cun fillo, que asegura non é seu.
Sara e Manuel, pretendendo axudar a Deli, pídenlle a Telmo que a despida para alonxala del. Deli non entende porque a despide e pídelle explicacións. Finalmente os dous decláranse os seus sentimentos e bícanse apaixoadamente.
Román estivera a piques de descubrilo pacto de Álvaro con Lupe. Marcos descubre a estafa do seu pai e cóntallo a Freire quen xunto con Manuel implican ó bispo para facerlle cumprila promesa a Román do alumado público.
Román, que xa ten bastantes problemas, decide coa complicidade de Álvaro facer pasar por tola a Laura para desfacerse dela.